2 alumnos/as por ordenador

Cando leo na prensa iso de que os centros de ensino terán un ordenador por cada dous alumnos/as imaxínome algo así en tódalas aulas:

1 ordenador /2 alumnos-as

Estarei imaxinándome algo diferente ó que contan os políticos? Témome que si.

Bueno, aproveito para darvos a coñecer unha WebQuest de Carlos Morales chamada ¡Cambiemos as nosas aulas!, cuxa tarefa é:

Empezou a conta atrás… As aulas do século XXI estannos esperando! Como logralo? Pois convencendo ás autoridades de que a informatización de tódalas aulas é económica, moral e tecnicamente viable se usamos Software Libre.


Primeira cámara dixital

1ª cámara dixitalVía Microsiervos atopei información sobre o primeiro prototipo de cámara fotográfica dixital da historia. É o que podes ver na imaxe:

O prototipo é de Steve Sasson, enxeñeiro de Kodak que en 1975 xa tiña lista esta cámara que funcionaba sen partes móbiles, na que utilizou un gravador de datos dixital en casete, un CCD, un convertedor analóxico/dixital sacado dun voltímetro dixital e varias ducias de circuítos impresos.

As imaxes tomadas tiñan 100 liñas de resolución, gardábanse en casetes e visualizábanse nun televisor previa colocación do casete nun reprodutor especialmente deseñado para esta cámara.

Dende logo que non era unha cámara como as de agora para levar no peto, pero marcou o inicio da fotografía dixital.


Informática básica en banda deseñada

En Autodidacta atopamos titoriais de informática básica feitos en banda deseñada, listos para baixar en lingua castelá en formato pdf, baixo licenza Creative Commons.

comic_inf.jpg

O primeiro volume (Ciberia Vol.1) recompila información sobre hardware, software e a interfaz gráfica de usuario.

Tamén atopamos outros monográficos:


Código binario en Futurama II

O número de piso de Bender é o 00100100 (episodio “Eu, Compañeiro de Piso”)

Que número representa en binario?

ver imaxe ampliada en nova ventá
Para ser un número binario chama a atención que teña dous ceros diante. Isto é unha pista para consideralo coma un número de 8 bits (8 cifras binarias). Se os apartamentos están numerados dende o 00000000 até o 11111111, cantos apartamentos hai?

O código ASCII ten o mesmo número de símbolos que habitacións no edificio onde vive Bender. Se cada apartamento o identificamos co seu correspondente carácter ASCII, que símbolo caracteriza o apartamento de Bender?

(Información obtida de Bender Bending Rodríguez. Grazas.)

Ver máis anotacións sobre Futurama