Non o tiro, doucho!

No lo tiro, te lo doyNunha sociedade na que dada vez hai máis tecnoloxía de “usar e tirar” é de agradecer que aparezan iniciativas como “No lo tiro, te lo doy“.

É un sitio web onde a xente ofrece ó público as cousas que xa non quere ou non necesita para que as recolla outra xente á que lle podan ser de utilidade. Tamén calquera pode pedir cousas que necesita, por se hai alguén que as teña e non as quera.

Non se trata de intercambio nin de compra, só é doazón altruísta. Por que vas comerciar con algo que tiñas pensado tirar?


En globo dende Galicia ata Segovia

Búscase colexio galego que enviou unha mensaxe en globo o día da paz!

17032008(001)Un compañeiro de tecnoloxía, Jose Luis Martín, solicítanos axuda para atopar aos autores e autoras dunha mensaxe enviada polo aire. Os globos voaron dende algún lugar de Galiza ata a copa dun piñeiro de Miguel Ibáñez, na provincia de Segovia (está marcado no mapa cunha cruz vermella)

Ás persoas que atoparon a mensaxe gustaríalles que os nenos e nenas que o soltaron ao aire soubesen o lugar onde chegou, así que solícitase a axuda de calquera persoa que poida difundir esta mensaxe entre os colexios galegos.

mapa-segovia
Visualizar o mapa ampliado


Tecnoloxía dos anos 80

Os primeiros ordenadores, os primeiros videoxogos, a música, o vídeo, os xoguetes electrónicos, … os anos 80 empezaron a dixitalizar as nosas vidas.

Este documental fala da tecnoloxía dos anos 80. Naquela época eu tiña a idade dos meus alumnos e alumnas da ESO, e resulta impresionante a evolución producida en dúas décadas.

www.Tu.tv

Dentro de 20 anos veremos documentais que falen da tecnoloxía da primeira década do século XXI e seguramente notaremos un cambio aínda máis espectacular.