Premios á innovación educativa 2007

Na resolución dos premios á innovación educativa 2007 atopamos recursos interesantes para o ensino da tecnoloxía:

Na modalidade A, de experiencias, o primeiro premio levouno I Olimpiada Tecnolóxica: A tecnoloxía no camiño , da asociación educativa TecnoGalicia. Unha proposta moi interesante para traballar a tecnoloxía fóra das aulas e de maneira colaborativa entre varios centros.

logopelegrin

Na modalidade B, de materiais, hai dous premios para materiais de tecnoloxía:

Seccións bilingües: Mechanisms – mecanismos
Trátase dunha introdución ós mecanismos básicos en inglés do IES Fonmiñá (A Pastoriza, Lugo)

Ámbito científico-tecnolóxico-matemático: Maqueta de placa solar microcontrolada
Un proxecto do departamento de Electricidade do I.E.S “Punta Candieira” de Cedeira pra ciclos formativos.

cociña solarNos premios á innovación sobre a educación nos valores democráticos, o primerio premio lévao “As cociñas solares“, un proxecto de colaboración entre o departamento de tecnoloxía e o ciclo formativo de cociña do IES Paseo das Pontes (A Coruña). Tecnoloxía e cociña únense para atopar novas formas de cociñar de xeito sustentable utilizando a enerxía do sol.

Nesta páxina podes ver o resto de traballos galardonados: premios de innovación educativa 2007


Resolto o concurso de cartaces para as VIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

O cartaz gañador é o realizado por Cristina Iglesias, alumna de 4º de ESO do IES “Fermín Bouza Brei” de Vilagarcía de Arousa.

Podes ver en Flickr a galería de traballos presentados

Grazas ó alumnado do IES Primeiro de Marzo por participar. Outra vez será.

(fonte: apetega)


Gravación e reprodución de música

musicaA tecnoloxía cambia as nosas vidas a unha velocidade vertixinosa. Un exemplo moi claro é a música.

Os da miña quinta coleccionabamos cintas de cassette e cando os cartos o permitían engadiamos un novo LP á colección. O rebobinado con boli bic e o “chis chis” do tocadiscos hai tempo que non forman parte das nosas vidas, pero a gravación e reprodución de música ten só 130 anos de historia.

fonógrafoO primeiro trebello que se inventou capaz de gravar e reproducir son foi o fonógrafo. Inventouno Thomas Alba Edison en 1877.

Utilizaba un sistema de gravación mecánica analóxica no cal as ondas sonoras transformábanse en vibracións mecánicas mediante un transductor acústico-mecánico. As vibracións moven unha agulla que labra un surco irregular nun cilindro de cartón recuberto de estaño, cuxo eixe está roscado para proporcionarlle un desprazamento lateral.

Para reproducir o son outra agulla segue os surcos marcados no cilindro e transmite esas vibracións ó diafragma dunha bocina, que as converte en ondas sonoras.
fonógrafo

Podes ver unha animación en www.ieee-virtual-museum.org e en “retrospectiva del sonido” podes atopar algo de historia sobre estas “máquinas parlantes”.

A cousa foi evolucionando a partir de aí: o gramófono, o tocadiscos, o cassette, o reproductor de CD, e agora os mp3. Que virá proximamente?

Propoño unha tarefa de procura de información en internet: investiga cómo funciona un calquera deses trebellos e elabora un traballo no que se explique cómo grava e reproduce son .