Comeza o curso!

Benvidas e benvidos ao curso 2012-2013!

Esperemos que aprendamos moito, nos portemos ben, fagamos traballos estupendos e todas esas cousas que soemos dicir o primeiro día de clase. A ver que proxectos saen este ano!

Tedes no menú da dereita unha sección “Alumnado” con cada un dos cursos que vou dar este ano. Alí irei poñendo os apuntamentos de clase, ligazóns, avisos, notas e o que vaia facendo falta. Son páxinas protexidas, e o contrasinal daréivolo en clase.

2ºESO4ºESO4ºPDC – 1ºBach2ºBach

Agardo que veñades con forza para levantar o curso!
.


Eu estudei na pública


Non sei por que aquí temos dúas plataformas para defender o ensino público, por que uns convocan unhas mobilizacións e outros outras diferentes ou por que andan uns cos outros a rifar. Impórtanme pouco os motivos deste mal entendemento, só sei que estamos a asistir a un desmantelamento dos servizos públicos básicos da educación e da sanidade que cómpre frear.

Agardo non ser moi inxenua ao pensar que é posible apartar as diferenzas e loitar unidas e unidos polo que é de toda a sociedade. É a única forma, e estou segura de que paga a pena.

Verémolo?

(Feito con bitstrips)


Colaborando en EducaConTIC

Desde o mes de decembro de 2011 estou a colaborar no portal educacontic.es escribindo un artigo semanal (a partir de agora quincenal) cuxa finalidade é dar a coñecer recursos útiles para o ensino da ciencia e da tecnoloxía.

Cada certo tempo irei traendo a tecnoloxia.org aqueles que máis teñan que ver co ensino da tecnoloxía.

Aquí tedes a primeira quenda:

  • As escalas do Universo:
    Unha viaxe desde o máis pequeno ata o máis grande, con recursos que nos facilitan a comprensión das escalas, e dos múltiplos e submúltiplos de 10.
  • Fabricación dun automóbil:
    Témolo tratado outras veces neste blogue, especialmente a visita a Citroën, pois é a que temos máis preto, pero nesta ligazón podemos facer visitas virtuais a outras fábricas.
  • Calibre e micrómetro. Simuladores:
    Neste artigo explicamos como se utilizan o calibre e o micrómetro e aprendemos a manexalos utilizando unha serie de recursos en flash.

 

Escribín tamén outros artigos con recursos útiles para o ensino das diferentes disciplinas científicas:

 

Outros colaboradores e colaboradoras de educacontic participan con interesantes artigos sobre temas do máis variado. Non vos perdades as viñetas de Néstor Alonso, os recursos para Educación Plástica de Lucía Álvarez, ou a recente incorporación de Lluis Tomas sobre coñecemento aberto e software libre.

Agardo que vos resulte de interese!