Pipe Down 3D

Realizar unha intalación de auga, gas ou calefacción nunha vivenda ou cidade pode que non sexa tan doado como pensamos, e tampouco as instalacións pneumáticas e hidráulicas. Se non o cres mira esta foto:

pipes
(imaxe de darkroastedblend.com)

Queres probar a túa habilidade?
Vai a Pipe Down 3D e axusta as tubarías correctamente para que a bola chegue ao seu destino. Debes botar man da túa visión tridimensional.

pipedown


Robot Constructor

Robot Constructor é un xogo cuxa misión é deseñar robots que poidan recoller cubos de ouro diseminados sobre unha variedade de zonas hostís, ao tempo que deben evitar os perigos e asegurarse de que haxa suficiente enerxía para chegar ata o final.

robot_constructor.png

Unha vez seleccionada a zona da misión, debemos estudar o terreo e elixir os sensores máis axeitados para detectar os perigos e as fontes de enerxía. Debemos elixir tamén o sistema de movilidade máis axeitado para a superficie pola que debe moverse o robot, e elixir o material de construción que minimice os danos ao robot ou que faga máis eficiente o consumo de enerxía.


Visualizando a intelixencia artificial

ThinkingMachine4_ PlaytheGame.jpgThinking Machine 4 é un xogo de xadez on-line que nos permite observar como funciona a intelixencia artificial.

Antes de que a máquina faga un movemento, realiza un cálculo de tódalas posibilidades, e con esta aplicación podemos visualizar o proceso:
Unha serie de curvas laranxas amosan os posibles movementos da máquina e unhas verdes os posibles movementos do xogador/a. A máquina coñece tódalas posibilidades en moi pouco tempo, e é capaz de avaliar cales son as mellores xogadas entre as atopadas.

Es capaz ti de pensar tan rápido como a máquina?

(Visto en cool infographics)