Light-Bot

Light-Bot é un xogo en flash cuxo obxectivo é mover un pequeno boneco pola pantalla para acender tódolos cadrados azuis mediante as instrucións dispoñibles: avanzar, xirar, saltar, iluminar e funcións.

Cando os niveis se complican non nos caben tódalas instrucións no “main method”, así que temos que recorrer a subrutinas (funcións f1 e f2) para completar o programa.

Light-bot

Paréceme interesante para iniciar a nenos e nenas nas estruturas básicas de programación, aínda que para aprender a programar bótanse en falta outros procedementos, como as condicións ou bucles.

(Fonte: Tecnología habitual)


Apagar as luces

Lights Out é un xogo que consiste en intentar apagar tódalas luces do taboleiro, coa dificultade de que cando clicas co rato en cada lámpada non só cambia ela de estado, senón tamén tódalas que están ó redor.

Se es capaz de estar un bo rato intentando apagar estas lámpadas daraste de conta do fácil que é apagar a luz da aula ou da túa habitación cando marchas, así que non tes escusa ;-)

(visto en www.14juegos.com)