A faneca rabuda

Reto:

Imos crear un xogo no que necesitamos unha listaxe de obxectos. Por exemplo, debemos recoller lixo da praia e cada vez que atopamos un obxecto engádese á listaxe, pero teremos que andar con pés de la, para que non nos traben as fanecas.

Para facelo aproveitamos unha animación xa feita de ondas no mar, Ocean Waves Animation, fixemos que os obxectos foran saíndo de xeito aleatorio de debaixo da auga e engadimos unha faneca brava con moitos fumes. Aínda necesitamos engadirlle algunhas cousas máis, pero empezamos por aquí:

[Scratch: A faneca rabuda]
Debes recoller todo o lixo que poidas do mar, pero anda con tento, que hai fanecas bravas. Se te traba unha, remata o xogo.

Código:

Podes ver o código na páxina do xogo.

Propostas de mellora:

  • Engade “saúde”. En cada trabada dunha faneca réstase saúde, ata que xa non podes máis e remata o xogo.
  • Engade un cronómetro e establece un tempo máximo para atopares unha serie de obxectos. Se non consegues todos os obxectos nese tempo, perdes.

Posible solución:

Intenta facer ti o programa antes de veres o código desta solución, pois seguramente atoparás unha mellor forma de facelo.

[Scratch: A faneca rabuda II]
Dos obxectos indicados na listaxe tes que conseguir polo menos un de cada nun tempo de 20 segundos. Anda con tento, que hai fanecas bravas. Cada vez que te traba unha, perdes saúde. Cando a saúde ponse a cero ou cando remata o tempo perdes a partida.

Propostas:

  • Engade outros obxectos
  • Cada obxecto atopado vale uns puntos. Indica o valor de cada un e a puntuación total acadada.
  • Fai que o obxecto máis valioso apareza con menor frecuencia.

 


Deixa un comentario