A invasión de ameixas

Reto:

Imos facer un xogo baseado na clonación. A medida que pasa o tempo, o protagonista vaise multiplicando e hai que evitar que se reproduza demasiado.

[Scratch: A invasión de ameixas]
Unha invasión de ameixas asiáticas ameaza as praias galegas, desprazando o resto de especies de moluscos. Tenta manter á raia a poboación de ameixas recolléndoas cun clic do rato. Se non apuras, as ameixas multiplicaranse e non poderás con elas.

Código da ameixa:

invasion_ameixas

Propostas de mellora:

Como o xogo así resulta moi aburrido, imos introducir algunhas melloras:

  • Engadir puntuación: Sumamos un punto cada vez que recollemos unha ameixa.
  • Velocidade: Cada vez se reproducen máis rápido.
  • Límite: Cando superamos os 100 clons, dáse a praia por invadida e remata o xogo
  • Efectos: Fai que cada vez que apareza unha ameixa, esta sexa de diferente cor e que se escoite un son.

Posible solución:

Intenta facer ti o programa antes de veres o código desta solución, pois seguramente atoparás unha mellor forma de facelo.

[Scratch: A invasión de ameixas (Solución)]
Unha invasión de ameixas asiáticas ameaza as praias galegas, desprazando ao resto de especies de moluscos. Tenta manter á raia a poboación de ameixas recolléndoas cun clic do rato. Se non apuras, as ameixas multiplicaranse e non poderás con elas.

 


Deixa un comentario