Reto:
Imos simular a reprodución dos polbos mediante clonación.
A reprodución dos polbos I
Xuntamos un polbo macho e un polbo femia e, automaticamente, reprodúcense tendo a metade dos polbos machos e a metade femias.
[Scratch: A reprodución dos polbos en catividade]
Código dos polbos:
Para resolver este problema teremos primeiro que animar os polbos a que se acheguen. Despois crearemos un clon, que é unha copia exacta do obxecto, que nós facemos aparecer cada 1.5 segundos.
Como queremos que as copias sexan pequerrechiñas para pareceren bebés e que todas saian da nai, teremos que facer un bloque de programas xusto para os clons. Nós dicimos que cando comecen como clons deben cambiar de tamaño e dirixirse pouco a pouco cara ao fondo.
Cos polbos femia faríase así:
Cos polbos machos só teremos que ter en conta, ademais, que hai que desprazalos canda súa nai:
Propostas:
- Engade uns corazóns que saian do medio dos polbos e se afasten cara arriba. Terás que crear un novo obxecto corazón que estea invisible ao principio e despois teña clons que apunten cara arriba e se movan.
- Fai que os polbos bebé vaian medrando co paso do tempo, ata alcanzaren o tamaño da nai ou do pai.
A reprodución dos polbos II
Agora imos facer que os polbos se movan aleatoriamente por un escenario, reproducíndose cando se atopan.
[Scratch: A reprodución dos polbos II]
Código do polbo macho (O da femia é similar)
Este programa hai que melloralo, xa que se reproducen sempre que chocan, incluso cando o polbo co que choca é aínda un bebé.
Propostas:
- Engadir que poidamos borrar polbos facendo clic neles.
- Evitar que un polbo se reproduza cando choca contra un bebé. Pista: Podes crear un disfrace novo para cando o polbo aínda non é adulto dunha cor determinada que poidamos detectar.
- Que non se reproduzan sempre que chocan, senón só nalgúns casos. Por exemplo, que cada polbo teña unha probabilidade do 25% de se reproducir en cada choque.
- Facer un reconto de machos e de femias.
- Poñer un límite á reprodución dos polbos. Por exemplo, que cando o total supere os 30 polbos xa non se reproduzan máis.
Posible solución:
Intenta facer ti o programa antes de veres o código desta solución, pois seguramente atoparás unha mellor forma de facelo.
[Scratch: A reprodución dos polbos II (Solución)]
A reprodución dos polbos na realidade
Investiga como se reproducen os polbos e adapta o teu programa para que se asemelle máis á realidade.