A vinganza do polbo mutante

Reto:

Imos programar un xogo de proxectís e, neste caso, será un polbo lanzando pelotas.  O que facemos é agochar a pelota detrás do polbo e, cada vez que prememos no botón do rato, a pelota amósase e diríxese cara a onde estaba situado o punteiro do rato. Desaparece e volve agocharse cando toca un bordo ou cando acada o mergullador.

[Scratch: A vinganza do polbo 1]
Durante o accidente nuclear de Fukushima vertéronse toneladas de residuos radioactivos ao fondo do mar e, debido a iso, meses despois empezaron a aparecer animais mariños mutantes. Un polbo mutante quérese vingar dos humanos. Agochado entre as rochas agarda a que apareza un mergullador para guindarlle unha pelota radioactiva.
Cada vez que a pelota alcanza o mergullador suma un punto, e cada vez que se perde resta 1 punto. Remata o xogo cando obtemos unha puntuación negativa.
Fai clic co rato para arrebolares coa pelota.

Código do polbo:

Código da pelota:

Código do mergullador:

vinganza_mergullador

Mellora mediante clons

Facer este xogo como acabamos de explicar ten un problema: temos que agardar que a pelota desapareza da pantalla para lanzarmos unha nova. Se queremos guindar varias pelotas de forma consecutiva sen esperas o que facemos é crear clons.

[Scratch: A vinganza do polbo 2 (clons)]
Fai clic co rato para arrebolares coa pelota.

Código da pelota:

Melloras:

Podes intentar mellorar este xogo introducindo modificacións:

  • O xogo remata cando obtivemos unha puntuación negativa, pero estaría ben saber cal foi a puntuación máxima obtida durante o xogo. Saberías como amosar esa puntuación?
  • Outra opción é que o xogo remate despois dun tempo. Habería que introducir un cronómetro que marque o final despois dun tempo de xogo determinado. Habería que intentar conseguir o máximo número de puntos nese tempo.
  • Podemos ir incrementando a velocidade do mergullador conforme imos obtendo máis puntos, de xeito que cada vez sexa máis difícil cazalo.
  • No canto de ter un mergullador rebotando no escenario, podemos facer que o bucio saia cada vez desde unha posición aleatoria movéndose nun sentido aleatorio.

 


Deixa un comentario