Análise tentacular dun problema

No canto do pseudocódigo, ou complementariamente, podemos usar un documento de texto que obrigue o alumnado a explicitar por escrito os pasos que deben seguirse, os seus recursos, a súa comprensión do enunciado da tarefa, etc. Este documento pode esixirse como paso inicial para poder coller o ordenador, aínda que nalgunhas tarefas, pola súa complexidade, será necesario dar a opción de explorar ou investigar posibles recursos.

A idea está recollida das múltiples propostas na bibliografía didáctica de resolución de problemas en Matemáticas: Un problema ou tarefa para solucionar non debe verse como un proceso lineal que leva dun enunciado a unha solución (correcta/incorrecta), máis ben como un sistema con diversos tentáculos.

Exemplo de  análise tentacular de Código Octopus realizada en google drive e que pode descargarse aquí:


Deixa un comentario