Cambiar de disfraces

Problema:

Queremos que un obxecto vaia cambiando automaticamente de disfrace,  simulando así o seu movemento:

[Scratch: Cambiar de disfrace]
Octopus cambia de disfrace e parece moverse.

Proposta de solución:

Para solucionarmos este problema temos que introducir un bloque novo que se chama bloque  para sempre que repite sen fin as instrucións que introduza dentro. Para o noso problema o que facemos é que estea a cambiar de disfrace todo o tempo. Lembra engadir un tempo de espera para que dea tempo a visualizar os diferentes disfraces.

instrucións para cambio de disfraces

Exercicios complementarios:

  • Modifica o programa para que  se desprace ao mesmo tempo.
  • Deseña un verdadeiro disfrace para cando chegue o Entroido e próbao.

Créditos:

Baseado nas Scratch Cards


Deixa un comentario