Carreira de coches

Reto:

Queremos facer o clásico xogo de carreiras de coches, onde temos un circuíto sinxelo que temos que percorrer con pericia e rapidez para chegar á meta. Algo parecido a isto:

Empezaremos con algo máis sinxelo, e despois iremos completando o xogo:

Pasos:

1.- Pintar o escenario coa pista.

Fíxate como exemplo nesta pista: a estrada debe ter unha cor diferente ao exterior  e debes marcar de vermello o punto de partida e meta da carreira.

escenario carreira circularescenario carreira de coches

Consellos:

  • Selecciona debuxar novo fondo de escenario debaixo dos escenarios.
  • Emprega o editor vectorial para facer cadrados ou circunferencias e despois co cubo de pintura enchelas de cor.

2.- Debuxa un coche  co editor de imaxes.

Faino todo o grande queiras, pois despois podes reducilo ata axustalo ao tamaño da pista.

Consello:

  • Coloca o coche na parte dianteira da meta, como na última figura.
  • Comproba como vai quedar o coche premendo na icona de pantalla completa:

 3. Posta a cero

Antes de poñernos a mover o coche imos crear  unha orde para que o noso coche volva sempre que queiramos á liña de partida. Para iso coloca o coche diante da túa liña de partida e selecciona os seguintes bloques:

posta a cero da carreira

Consello:

  • As coordenadas x e y do teu coche non teñen porque cadrar coas do exemplo.

4.- Que ocorre cando prememos as frechas:

Imos definir que ocorre cando prememos as frechas, escolle no menú de Eventos a opción ao premer a tecla (frecha arriba, abaixo, esquerda e dereita):

As frechas arriba e abaixo valerán para mover o coche para adiante e atrás.

frecha arriba e abaixo

As frechas esquerda e dereita para xirar o coche.

frechas dereita e esquerda

Probamos cada un dos movementos a ver que acontece.

Consello:

  • Se queres un movemento dos coches máis fluído proba cos seguintes bloques: movemeno coche
  • Non esquezas premer a bandeira verde despois de cada proba, para que o coche volva ao punto de partida.

5.- Que non saia da estrada.

Agora queremos que o noso coche non saia das estrada. Ademais, se o fai queremos que volva ao punto de partida, para iso engadimos as seguintes ordes para cada movemento:

Consello:
  • Axusta as cores á cor do teu fondo premendo encima do cadradiño marrón levando o rato ata o fondo do escenario.
  • Unha  vez que completes o primeiro movemento próbao. Despois copia o código no seguinte movemento.

6. Preparados, listos, xa:

Xa podes probar o xogo (en pantalla grande) , pero se queres darlle un pouco de emoción engade unha conta atrás, como a que te mostramos na seguinte ligazón.

7. Queres competir contra alguén?

Entón imos engadir outro coche, duplicamos o obxecto e con el se duplica todo o código. O primeiro de todo  este moverase cando premamos as letras W, A,S e D (arriba abaixo dereita e esquerda) . Substitúe as ordes de evento.

ordes de movemento wasd

Agora so tes que cambiarlle de cor e cambiar o punto de partida do novo coche.

Máis melloras.

Deixa voar a túa imaxinación e empeza a mellorar o xogo. Pode engadir cronómetro, crear efectos para destacar ao coche gañador… Mira como quedou o noso proxecto e.. Atrévete a melloralo!!

 


Deixa un comentario