Dicir a data de hoxe

Problema:

Imos empregar variables xa definidas en Scratch para que o noso polbo nos diga a data de hoxe. Para iso empregamos a variable variable minuto.  No menú despregable terás as variables, data, dia da semana, ano…

[Scratch: Dicir a data de hoxe]
O polbo mutante dinos a data de hoxe

Proposta de solución:

Para solucionalo deberemos facer dicir ao polbo moitas cousas, polo que teremos que empregar o operador xuntar palabrasvarias veces, do seguinte xeito:

codigo para dicir a datacodigo pra dicir a data

Neste código aparecen dous tipos de variables, por unha banda as de cor azul, extraídas directamente do Scratch, e as de cor laranxa, novas variables que nós temos que definir:

Para definir unha nova variable temos que ir ao menú menú datos, e premer en  facer unha nova variable:

agregar variables

nome do día da semana  Scratch converte o día da semana nun número, que nós temos que traducir ao día en concreto co seguinte código.

converter dia da semana

nome do mes Scratch converte o nome do mes nun número e nós temos que traducilo ao galego co seguinte código (que ti mesmo podes completar cos meses que faltan):

convertir dia do mes

Exercicios complementarios:

  •  Engade a hora que é  noutra frase do polbo.

Créditos:

Baseado en titoriais de Scratch

 


Deixa un comentario