Problema:
Queremos deseñar un xogo no que cando premes enriba dun obxecto este cambie de cor e soe.
[Scratch: Facer un botón sorpresa]
Cando premes na nécora esta emite un son e cambia de cor.
Proposta de solución:
Velaí o código para que cambie de cor e soe:
Lembra engadir o bloque , para darlles tempo aos ollos a notar o cambio de cor. Para escoller un son para a nécora terás que ir á biblioteca de sons como explicamos na páxina de facer bailar un obxecto
Exercicios complementarios:
- Crea un escenario cheo de diferentes obxectos e fai que cada un deles soe diferente, emita son, cambie de disfrace… Emprega a túa imaxinación para tratares de sorprender os teus compañeiros e compañeiras.
Créditos:
Baseado nas Scratch Cards