Enviar mensaxes a outro obxecto

Problema:

Queremos que un obxecto sexa quen de mover a outro no momento que estime oportuno. Deseña un programa no que se premes nun polbo este faga que o cangrexo se mova 10 pasos.

[Scratch: Enviar mensaxes dun obxecto a outro]
Preme no polbo para que o cangrexo se mova

Proposta de solución:

Neste problema temos dous obxectos, por tanto teremos que ver como programar ambos os dous obxectos por separado:

O polbo envía a mensaxe cada vez que prememos nel:

Obxecto polbo1enviar mensaxes

O cangrexo actúa só cando recibe a mensaxe:

cangrexorecibir mensaxe

Ves que podes conseguir calquera movemento,  que cambie de cor ou outros efectos, engadindo secuencias debaixo.

Exercicios complementarios:

  • E se cando premes o polbo este solta tinta? Crea o obxecto tinta debuxándoo e fai que apareza cando prememos o polbo.
  •  Crea varios obxectos e fai que o polbo lles mande facer a cada un diferentes cousas  (escorregar, cambiar de cor…). Podes empregar tamén o bloque “agardar” para que o fagan  en diferentes momentos. Sé creativo!
  • Empregando o bloque “enviar mensaxe a todos e agardar”, fai un baile de hip-hop no que pareza que se van pasando o movemento duns aos outros (primeiro baila un, despois outro e o primeiro para, despois outro…).

Créditos:

Baseado en Scratch Programming in Easy Steps

 


Deixa un comentario