Problema:
Deseñar un programa no que un obxecto escorregue suavemente pola pantalla, facendo un percorrido.
[Scratch: Escorregar polo escenario]
Proposta de solución:
Cando pensamos en movemento o primeiro que nos vén á cabeza é empregar o bloque “mover un número de pasos”. O problema é que con ese sistema non podemos regular a velocidade de movemento. Se queremos que o noso obxecto se mova máis ou menos lento teremos que empregar o bloque . Con este bloque, se variamos o tempo que se está a mover, variaremos a súa velocidade.
Truco:
Para saber as coordenadas dun punto sitúa o punteiro do rato nese punto e mira as coordenadas:
Cómpre lembrar que as coordenadas x e y na pantalla de Scratch, varían conforme o seguinte modelo, onde a coordenada (0,0) está no centro da pantalla e o máximo valor das coordenadas é 240 para x e 180 para y.
Exercicios complementarios:
- Crea tres obxectos que realicen o mesmo baile pero a diferentes velocidades.
Créditos:
Baseado nas Scratch Cards