Facer un remuíño interactivo

Problema:

Queremos crear un remuíño no noso obxecto, de xeito que se deforme con só desprazar o rato pola pantalla:

[Scratch: Remuíño interactivo ]
O congro defórmase segundo movas o rato no eixo y.

Proposta de solución:

Para solucionalo temos que introducir un novo bloque sensor, que detecte onde se atopa o rato. O bloque bloque rato ydetecta cal é o valor da coordenada y do punteiro do rato.

Empregamos ese valor para facer variar o noso remuíño. Como queremos que estea a ler o valor da posición do rato todo o tempo terei que empregar o bloque “para sempre”:

remuiño interactivo

Exercicios complementarios:

  •  E se queres que faga o remuíño seguindo o valor da coordenada x?

Créditos:

Baseado nas Scratch Cards


Deixa un comentario