Reto:
Imos realizar un pequeno xogo para aprender a programar. Mestura a animación que tes a continuación e convértea no famoso xogo de busca dun tesouro no que se premes nalgún obxecto ten que dicirche se o tesouro está lonxe ou preto (frío, quente e morno).
[Scratch: Frío,frío]
Sigamos unha serie de pasos para aprender a programalo:
1.- Agocha un tesouro nalgún dos obxectos: para iso terás que engadir un disfrace novo a algún dos obxectos. Unha vez que o teñas engadido terás que programar o obxecto para que cando premas enriba cambie a ese disfrace, emita son e te felicite.
2. Programa o resto dos obxectos para que che indiquen se está cerca ou lonxe.
3. Ata aquí o xogo básico, agora toca melloralo:
- Engádelle movemento aos obxectos (a lancha debe desprazarse polo mar, a gaivota seguir pousada na lancha, as nécoras e polbos que se despracen lixeiramente…)
- Engádelle unha animación a cada obxecto que non ten tesouro de xeito que cando premas neles semellen estoupar, cambiar de cor, etc.
- Engade un cambio de escenario cando aparece o tesouro.
- Fai unha conta atrás para limitar o tempo de busca ou engade un cronómetro para xogar a ser rápido.
- Engade as instrucións ao principio do xogo. Podes facer que as diga algún obxecto.
4. Para seres Kraken :
- Fai que cada vez que empece o xogo o tesouro se agoche nun boneco diferente elixido ao chou. Os obxectos que non teñen o tesouro deben indicar automaticamente quente, morno ou frío segundo a súa distancia ao tesouro.
- Engade un tesouro velenoso. Se o atopas réstanse uns fragmentos de segundo ao contador e tes menos tempo para atopar o tesouro.
Posibles solucións:
Deixámosvos dúas posibles solucións (non as consultedes antes de tempo):
- Primeira solución: é a máis sinxela.
- Segunda solución: Nela o tesouro agóchase nun animal diferente cada vez que iniciamos o xogo.
O xogo
Aquí tedes o xogo máis ou menos rematado. Só é unha solución posible, pois caben moitas outras.
[Scratch: Frío, frío – Solución 0]
Cada vez que prememos na bandeira verde ou no botón “Buscar” o tesouro agóchase detrás dun dos obxectos elixido ao chou. O resto de obxectos indican automaticamente se están lonxe ou preto do tesouro (frío, morno e quente) cada vez que prememos neles.