Gardar a puntuación nun xogo

Problema:

Non hai xogo sen acumulación de puntos. Imos deseñar un xogo no que un polbo se desprace aleatoriamente pola pantalla e cada vez que toque a nécora gañe un punto.

[Scratch: Gardar a puntuación dun xogo]
Octopus móvese de maneira aleatoria e cada vez que toca a nécora gaña un punto.

Proposta de solución:

Temos que crear unha variable nova, para iso imos ao menú  menú datos e prememos en facer unha variable e creamos unha co nome variable puntos. A variable será visible se o indicas na casa anterior.

O código do xogo é o seguinte:

código gardar puntuación

A primeira parte serve para poñer  todas as variables a cero e situar o polbo no medio , o que chamamos poñer a cero o xogo, do seguinte xeito:

poñer a cero o xogo

A segunda parte está destinada a que o polbo se mova aleatoriamente pola pantalla e rebote nos bordos:

mover o polbo aleatoriamente

Por último temos que facer unha estrutura condicional para que se o polbo toca a nécora entón se sume un punto na variable:

si toca necora suma puntos

Fíxate que o que fai o bloque trocar puntos por 1é sumar 1 ao valor anterior de puntos.

Exercicios complementarios:

  • Xa podes elaborar un xogo de azar. Engade unha conta atrás e fai que o polbo pare cando leven 15 segundos. Agora xa podes xogar cos teus amigos e amigas. A ver quen ten máis sorte co seu polbo e logra comer máis nécoras!

Créditos:

Baseado en titoriais de Scratch

 


Deixa un comentario