Mecanismos

O estudo dos mecanismos vai asociado a desenvolver proxectos con mecanismos reais, que despois poden formar parte dun automatismo, robot ou similar. Tamén podemos usar Scratch como taller virtual onde deseñemos, construamos e modifiquemos mecanismos que poidamos aplicar a proxectos, virtuais ou reais.

Aquí abaixo mostramos unha secuenciación de programas, baseada nas estruturas de programación, centrada na aprendizaxe dos mecanismos e as súas propiedades características. Os exemplos que poñemos son sinxelos, poderían utilizarse en 2º-3º ESO dentro de proxectos ou coma exercicios de práctica, pero poderían poñerse exemplos de nivel de Bacharelato de Tecnoloxía, coma por exemplo este, baseado no coñecido mecanismo de Theo Jansen (ver web oficial con vídeos).

[Scratch: Mecanismo tipo Theo Jansen]

A medida que o alumnado vaia mellorando na súa comprensión dos mecanismos e na súa competencia en programación poderemos ir deseñando tarefas máis complexas.

Abaixo están as ligazóns aos programas de exemplo.

Propostas didácticas - tecnoloxía - New Page(3)

Ligazóns dos programas: Exemplo 1   Exemplo 2   Exemplo 3   Exemplo 4   Exemplo 5   Exemplo 6

Tamén pode a profesora ou profesor crear exercicios de mecanismos, coma por exemplo este no que temos que averiguar o que está mal no funcionamento.

 


Deixa un comentario