Problema:
Dálle ritmo ao teu obxecto e fai que se mova seguindo un ritmo, como o noso polbo:
[Scratch: Moverse a un ritmo]
Octopus móvese ao ritmo dos tambores.
Proposta de solución:
Neste caso combinaremos o bloque “para sempre”, cos bloques de facer soar o tambor durante un tempo definido. Podes escoller o son do tambor variando o número. Podes escoller tamén o tempo que soa: cada pulso dura 1 segundo.
Exercicios complementarios:
- Agora si que imos divertirnos: a que non es quen de poñer a bailar o teu obxecto ao ritmo de We will rock you de Queen?
- Cámbialle tamén o disfrace para que pareza moverse e pon máis obxectos a bailar.
Créditos:
Baseado nas Scratch Cards