Problema:
Para facer un xogo é esencial que poidas manexar o teu obxecto coas teclas frecha arriba, abaixo, dereita e esquerda. Fai un programa que mova o polbo deste xeito.
[Scratch: Moverse coas frechas do teclado]
A nécora móvese cara arriba, abaixo, dereita e esquerda. Se o teu obxecto está boca abaixo podes cambiar o seu estilo de rotación.
Proposta de solución:
Velaí o código para que se mova:
Con este código estamos dicíndolle ao noso obxecto que rote, por tanto debemos fixarnos nos diversos estilos de rotación que aparecen definidos para cada obxecto. Podemos atopalos se prememos o botón de información do panel de obxectos :
Cando premas nel, verás o seguinte menú:
Proba a modificar o estilo de rotación e verás como funciona.
Como ves neste menú, tamén podes definir a dirección de saída do teu obxecto. Se premes amosar, o obxecto será visible ao principio; se premes en pode ser arrastrado, o obxecto poderá ser movido de lugar por calquera xogador, premendo nel e arrastrándoo, tal e como fas ti cando o editas.
Exercicios complementarios:
- Modifica a velocidade (cambiando o número de pasos) e modifica tamén o estilo de rotación.
- Como farías para que ao mesmo tempo que avanza vaia cambiando de disfrace e simule estar movendo as patas?
Créditos:
Baseado nas Scratch Cards