Narrar historias

Proposta didáctica para Educación artística (Plástica, Música) e Linguas

Un dos aspectos máis destacables de Scratch é o seu uso para narrar. Narrar con animacións, con palabras, con sons… De feito unha das principais recomendacións para iniciar ao alumnado de Primaria nesta linguaxe de programación (ou noutras moitas que están a saír ultimamente) é comezar polo deseño e narración de historias. E viceversa, ao iniciarmos o alumnado de Primaria no Scratch, dámoslle dunha ferramenta moi interesante para narrar historias, ilustrar poemas, compoñer e modificar melodías, investigar cos sons…

Esta proposta baséase en aumentar os recursos narrativos do alumnado introducindo progresivamente as distintas estruturas de programación. É importante salientar que cun nivel baixo de programación poden contarse historias dun bo nivel narrativo. Pode verse de exemplo esta coñecida fábula, programada por dúas alumnas de 5º grado (en EEUU), onde introducen pequenas animacións na historia:

[Scratch: The Bee and Zeus – An Aesop’s Fable remix]

Propostas didácticas - Narracións - New Page(2)

Ligazóns aos programas de exemplo:
exemplo 1   exemplo 2   exemplo 3   exemplo 4   exemplo 5
exemplo 6   exemplo 7   exemplo 8   exemplo 9   exemplo 10

Se estamos a traballar coordinados con outra área onde desenvolvan a aprendizaxe da programación, unha opción de traballo interesante é reciclar narracións ou xogos xa creados:

  • traducilos ao galego ou ao castelán (ou a unha lingua estranxeira)
  • aumentar a historia, ampliala, corrixir a narración…

Na sección de avaliación incluímos ferramentas para avaliar tarefas. A principal sería o uso de rúbricas. Propoñemos unha rúbrica específica para avaliar narracións e historias, que é esta que vedes, e que pode descargarse aquí:

Lembramos que é importante adaptar a rúbrica a cada tarefa concreta, eliminando categorías, engadindo outras, modificándoas… e que a rúbrica ten a vantaxe de poder avaliar obxectivamente tarefas abertas e de creación.

 


Deixa un comentario