Reto:
Imos programar agora o clásico xogo do Pong. Dous polbos sitúanse cada un no seu lado do escenario. A pelota, inicialmente situada no centro, desprazarase dun lado a outro, con ángulos variables. Cada vez que un polbo deixa escapar a pelota o outro polbo gañará un punto. Gañará o polbo que antes alcance 5 puntos.
Movemento dos polbos:
- Polbo azul: Teclas W e S
- Polbo marrón: Teclas P e L
[Scratch: Xogo: Polbo-Pong]
Código dos polbos:
Poñemos a posición inicial e definimos con que teclas queremos mover cada un.
Código da pelota:
Posibles melloras:
- Podes introducir uns efectos de son que se reproduzan cada vez que a pelota rebota nun polbo e para cando se perde.
- No inicio podes introducir unha pantalla coas instrucións. Comezará o xogo cando premamos, por exemplo, a tecla espazo. Nese intre mudará o fondo do escenario e poderemos xogar.
Os xogadores e xogadoras deciden:
Podemos facer que sexa o propio usuario ou usuaria quen decida con cantos puntos quere que o xogo remate. Tamén podería elixir a velocidade da pelota (lenta ou rápida)
Pista:
No comezo do xogo pregunta cal é o número máximo de puntos para gañar e se desexan que o movemento sexa lento ou rápido. As respostas introduciranse en variables e o programa funcionará segundo estes datos.
Posible solución:
Intenta facer ti o programa antes de veres o código desta solución, pois seguramente atoparás unha mellor forma de facelo.
[Scratch: Xogo: Polbo-Pong 2 ]
Xogar contra o ordenador:
Pode suceder que a persoa que accede ao xogo non teña ninguén que a acompañe, polo que non podería xogar, así que estaría ben ofrecerlle a posibilidade de xogar contra o ordenador.
Pista:
No comezo do xogo pregunta o número de xogadores (1 ou 2). Se a elección é 1, faremos que o segundo polbo se mova automaticamente segundo a posición da pelota, e sempre que esta se atope no seu lado do escenario.
Posible solución:
Intenta facer ti o programa antes de veres o código desta solución, pois seguramente atoparás unha mellor forma de facelo.
[Scratch: Xogo: Polbo-Pong 3]