Problema:
Deseñar un programa que saúde as persoas polo seu nome, primeiro preguntándolle o nome para despois saudalas:
[Scratch: Saudar unha persoa polo seu nome]
Proposta de solución:
Empregaremos o bloque , que está no menú de , porque vai detectar a resposta e almacenala no bloque . A maiores, este bloque ten un cadriño para faceres clic. Se o fas, a resposta estará sempre visible na pantalla.
Exercicios complementarios:
- Este problema só é para quen use a versión “online” de Scratch.
Gustaríame poder saudar a todas as persoas que teñan conta en Scratch polo seu nome cando proben os meus xogos. Se tes conta, accede a ela e despois proba como te saudamos nós.
[Scratch: Saudar un xogador co seu nome de usuario]
Proposta de solución:
Para resolvermos este problema temos que empregar outro sensor diferente que detecte quen é a persoa que está xogando rexistrada.
Para poder dicir dúas cousas a un tempo (o nome do usuario e mais un saúdo) teño que empregar a orde “xuntar” que está no bloque de .
Créditos:
Baseado en Scratch Programming in Easy Steps e en Scratch Cards