Variables:
As variables son elementos que non teñen un valor fixo. En realidade o Scratch xa ten algunhas variables definidas que usamos en titoriais anteriores como son:
é a variable que recolle a resposta que nós lle damos ao ordenador. Xa o traballamos no titorial corrixir as respostas.
son as variables que recollen as coordenadas do rato en calquera momento. Empregámola para facer remuíños interactivos
é unha variable que almacena o nome da persoa que está rexistrada en Scratch, que empregamos para saudar ás xogadoras ou xogadores.
Imos estudar outras variables definidas por Scratch e tamén imos estudar como definir unha nova variable no bloque de datos.
Listas:
Cando necesitamos almacenar moitos valores, no canto de crear variables independentes o que podemos facer é crear listaxes que conteñan todas esas variables que desexo definir e almacenar.
Nesta sección veremos algúns exemplos de utilización.
Bloques:
Scratch permite definir subrutinas, ou pequenos programas que poderemos inserir despois no programa principal simplemente con chamalos.
Nesta sección presentamos algúns exemplos de utilización destes bloques