Colaborar no Banco de imaxes e sons do ITE

Un recurso moi útil para conseguir imaxes e sons con fins educativos é o Banco de imaxes e sons do ITE, no que podemos atopar unha chea de recursos audiovisuais clasificados por materia e nivel.

Xa leva anos funcionando, pero agora presenta unha importante novidade: admite colaboracións de calquera persoa que queira aportar recursos propios ao banco e servir á comunidade educativa.

As colaboracións publícanse baixo licenza Creative Commons e deben ser recursos de interese didáctico.

ITE.jpg

Así que xa sabes, se algunha vez colliches algo de internet que che foi útil, tócache agora aportar algo á comunidade e que lle sexa útil aos demais. Que tal compartir esas fotos de mecanismos, estruturas, máquinas, compoñentes, instrumentación, etc. que tes gardadas no disco duro?

Se buscas outros bancos de imaxes, nesta ligazón tes máis recursos: Bancos de imaxes


Deixa un comentario