tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Concurso de cartaces de apetega

apetegaA Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) convoca o concurso para o deseño do cartel anunciador das IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato dos centros educativos de Galicia.

As xornadas este ano serán os días 24 e 25 de abril no IES Otero Pedrayo de Ourense, e o premio será material electrónico/informático valorado en 150€.
Pódense consultar aquí as bases do concurso.

É unha oportinidade para practicar con programas de deseño gráfico e esmerarse para conseguir o premio.

O noso compañeiro Antonio, do IES Mendiño de Redondela ten publicados no seu blogue algúns videotitoriais de GIMP. (web da aplicación)
Pódense consultar nesta ligazón.

E o noso compañeiro Tucho ofrécenos tamén no seu blogue uns titoriais de InkScape. (web da aplicación). Pódense consultar nesta ligazón

Debedes utilizar imaxes libres ou con licenza creative commons para o deseño do cartaz. Hai un tempo publiquei un post no que ofrecía enderezos de bancos de imaxes que vos poden ser útiles para realizar este traballo.

Sorte no concurso!


4 Comments

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.