Por se a alguén lle interesa, o Concurso Universitario de Software Libre é un concurso de desenvolvemento de software, hardware e documentación técnica libre, no que poden participar estudantes universitarios, de bacharelato ou ciclos de formación profesional de grao medio e superior no ámbito estatal español.
Para liberar os proxecto usarase forxa de RedIRIS e un blogue onde cada participante contará a súa experiencia no desenvolvemento durante o curso escolar 2009/2010.
Podes ver aquí as bases da convocatoria.
O prazo de inscrición remata o 7 de novembro
(Grazas Josek pola información)
3 Comments
Leave a reply →