tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Conferencia de Richard M. Stallman en Vigo

stallman.jpgRichard M. Stallman, un dos principais referentes no mundo do software libre, estará en Vigo o vindeiro 30 de abril ás 16:00 no Auditorio do Centro Cultural Caixanova para impartir dous relatorios, un sobre o movemento do Software Libre e outro sobre o perigo das patentes.

Este evento organizado polo Máster de Software Libre Caixanova é de entrada libre, aínda que as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse a través dun formulario web.

(Vía: Código Cero)

Actualización:
Estará tamén en Ourense o 29 de Abril de 2009, ás 20:30 no Ateneo (Parque de San Lázaro)


2 Comments

  1. Menudo elemento o Stallman este. A verdade e que foron unhas conferencias moi interesantes e entretidas. E sen necesidade de ter gran idea de informática (ainda que saber qué e un bucle FOR ou unha sentencia IF axuda a colle-los chistes).

    Un discurso moi interesante para calquera interesado no software libre…. e tamén para calquera que non esté interesado.

    ¡Liberádevos camaradas!, da tiranía opresora do software privativo, e non volvades a dicir que tedes un Sistema Operativo Linux…. dicide mellor que tedes un Sistema Operativo GNU con Linux.

  2. Eu ao final non puiden asistir, e tiña ganas de escoitalo en directo. Xusto concidiu na ponte e marchei de viaxe. Outra vez será.

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.