tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Cubiluz, o cubo luminoso

Non tiña pensado publicar nada máis hoxe, pero acabo de ver en Obsoletos un proxecto moi interesante para facer en clase de tecnoloxía.

Trátase dun cubo de papel que cambia de cor cada vez que o xiramos, tal e como se pode ver neste vídeo:


Cubo luminoso from Obsoletos on Vimeo

Para poder facer isto necesitamos un sensor de inclinación, pero o interesante deste proxecto é que podemos fabricarnos un caseiro utilizando unha moeda en uns cables. O esquema sería este:

sensor_inclinacion.png

Podes ver as instrucións completas no blogue de Obsoletos


3 Comments

  1. Gustoume o cubo, recordoume a este xogo: http://selectparks.net/~julian/levelhead/

    Cando teña tempo e materiais creo que me vou a facer un (dos luminosos, non dos do xogo).

  2. ¡Dádelle forte!

    O seguinte é facelos esféricos e botar unha ducia escaleiras abaixo.

  3. O de botalos escaleiras abaixo é unha idea estupenda. Grazas!
    Teño previsto empezar a facer uns proxectos destes despois da Semana Santa (agora ando con outras cousas), e a ver se publico algún vídeo cos resultados, anque aínda teño vídeos do curso pasado sen publicar.

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.