tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Daft Punk e as distribucións de teclado

Coñeces o grupo Daft Punk? Seguro que si.
Aquí tes unha famosa canción deste grupo: “Harder, Better, Faster, Stronger”

iDaft é unha aplicación flash coa que podes tocar esta canción co rato ou co teclado. (Vía opcionweb)

Fíxate que ao inicio da aplicación mándannos elixir o tipo de teclado: AZERTY ou QWERTY
Para saber cal é o noso debes ler as primeiras letras que aparecen na primeira fila. QWERTY, verdade? AZERTY utilízase sobre todo nos países francófonos.

E non son estas dúas únicas distribucións de teclado. No tipo QWERTY podemos atopar diferenzas entre o teclado español e o inglés, que non inclúe o ñ, til, e algúns carácteres máis, e outros atopámolos en diferentes posicións.

Ao utilizar algunhas aplicacións en flash algunhas veces tennos pasado que os carácteres que se amosaban na pantalla non coincidían cos que están indicados nas teclas. Isto é porque a aplicación estaba programada para utilizar o teclado inglés. Cando sucede isto debemos buscar información sobre a posición dos carácteres na configuración inglesa.

Pódelo ver nesta imaxe: (clica nela para vela en grande)
Qwerty

E se temos un portátil que trae por defecto o teclado inglés, debemos cambiar a configuración do teclado no sistema operativo que utilicemos.

O teclado, ese periférico insubstituíbel, merécese un monumento. Mira este megateclado instalado en Ekaterinburg, Rusia. (Visto en woostercollective)

monumentoteclado

Pero deixemos o teclado e poñamos outra canción de Daft Punk: “Technologic”


2 Comments

  1. ¿Cómo que teclado insustituíbel? ¿E qué hai das pantallas táctiles? ¿Das tabletas dixitalizadoras? ¿Das webcams que recoñecen movementos e xestos?
    A partires de agora, nada de teclado, todo coas mans: http://www.youtube.com/watch?v=K2cYWfq–Nw

  2. Vale, tes razón. Non todo o mundo pode usar o teclado, e hai opcións alternativas, pero dende logo que para escribir é o máis cómodo, sexa físico o virtual (o que sae na pantalla táctil da PDA, por exemplo)
    Eu creo que o teclado non vai desaparecer, pero pode que estea equivocada. Xa se verá nuns anos.

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.