tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Dar aulas en galego: compromiso ou desobediencia?

A piques de comezar o curso en Educación Secundaria, aquí vai información sobre a prohibición establecida polo Decreto 79/2010 para o uso da lingua galega en determinadas materias.

Trátase do acto público “Dar aulas en galego: compromiso ou desobediencia?” que se celebrou en Lalín o 9 de setembro e no que se abordaron obxeccións legais contra a validez xurídica do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Desde o punto de vista lexislativo defenden a legalidade de seguir impartindo as aulas en galego e xustifican esta decisión dentro do marco normativo actual.

De feito o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite o recurso que A Mesa pola Normalización Lingüística presentou contra o polémico decreto do plurilingüismo e, segundo di a MNL, podería suspendelo se a Xunta sancionase docentes por impartir as aulas en galego.

Luís Villares Naveira, Xuíz na Fonsagrada, Portavoz na Galiza de Xuíces pola Democracia e Coordinador e Coautor do libro “Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüísmo”


[Luís Villares. Dar aulas en galego: compromiso ou desobediencia? from vagalumes on Vimeo.]

Alba Nogueira López, Profesora Titular de Dereito Administrativo na USC


[Alba Nogueira: “Dar aulas en galego: compromiso ou desobediencia?” from vagalumes on Vimeo.]

Xosé Rodríguez. Membro do colectivo Profes co galego


[Xosé Rodríguez. Profes co galego from vagalumes on Vimeo.]


Deixa unha resposta

Required fields are marked *.