tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Detida por levar un simple circuíto

circuíto que levaba a rapaza detidaIncorporar un circuíto electrónico á roupa pode resultar unha idea estupenda para darlle un toque persoal e creativo á indumentaria, pero coidado con levala posta a un aeroporto, pois poden pensar que é unha bomba. Pasoulle iso a unha rapaza norteamericana de 19 anos, estudiante de tecnoloxía, que levaba pegado no xersei unha protoboard na que tiña montado un circuíto con LEDs e que funcionaba cunha pila de 9 voltios. O inofensivo atuendo tecno-artístico da rapaza custoulle que a detiveran a punta de pistola e que a acusaran de “posesión de un dispositivo falso e de desorde”.

Sen embargo, o de levar electrónica incorporada na roupa non é algo novo. A moda e a tecnoloxía únense para crear novas prendas con novas utilidades.

prendas luminosasAínda que de momento no se comercialicen de forma económica e xeneralizada, xa se poden atopar no mercado chaquetas con células solares nas costas para poder cargar todo aquelo que pensas meter nos petos (reproductor de mp3, PDA, móbil, etc), roupa que incorpora música , cazadoras con ventiladores (ver), prendas luminosas que incorporan unha película flexible con LEDs, batería e o circuíto que controla os LEDs e que recibe as mensaxes a amosar mediante unha mensaxe SMS, ou prendas con microsensores incorporados que permiten medir o ritmo cardíaco, a presión arterial a temperatura ou a humidade. Hai pouco que coñecemos a invención dun bikini capaz de medir os raios UV e avisar por medio dunha alarma. Tamén atopamos unas zapatillas deportivas que conteñen un microprocesador integrado que vai aprendendo dos patróns de movemento da persoa usuaria para axustarse a ela, ou camisolas con detector de sinal sen fíos (wi-fi) incorporado

Pero non todo é electrónica, a incorporación de novos materiais na fabricación téxtil permite a fabricación de traxes camaleónicos que cambian de cor segundo as condicións de luz e humidade do ambiente, ou a regulación da temperatura do corpo mediante uns tecidos que reaccionan ao suor da pel. Tamén hai inventados uns fíos electroluminiscentes que, alimentados con baterías, fan que a roupa brille na escuridade.

Nada, que os policías dos aeroportos teñen que poñerse ao día, e non escandalizarse por un circuíto electrónico luminoso caseiro que pode facer calquera estudante de tecnoloxía de 4º da ESO.


Deixa unha resposta

Required fields are marked *.