tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Digalego no navegador

Mentres a Consellería de Educación quere poñernos cada vez máis difícil aprender galego, a tecnoloxía vai poñéndonos as cousas máis doadas.

A través do Xornal.com atopei unha aplicación de Digalego que permite consultar o significado de calquera palabra en galego desde calquera páxina web premendo só un botón. (Grazas @chevarria_gz)

logo-diccionario.gif

Vai a digalego.com e arrastra “Buscar en Digalego” á barra de marcadores ou favoritos. Cando desexes saber o significado dunha palabra en galego que apareza en calquera web, só tes que seleccionala e premer na ligazón. Sairá unha xanela emerxente co significado en galego, sinónimos e a tradución a outras linguas.

No Xornal.com póñennos isto aínda máis fácil, pois non tes que ter instalado nada, senón que facendo dobre clic sobre calquera palabra aparece a xanela do dicionario coa súa definición.

En Internet, tamén en galego!


6 Comments

  1. Pingback: Consulta o dicionario directamente no navegador

  2. Tamén en nos blogues de blogaliza.org!
    ;)

  3. Grazas Goretoxo, non sabía que en Blogaliza tiñades o mesmo sistema que no Xornal.
    Que podo facer para poñer tamén esa aplicación no meu blogue?

  4. Pois eche ben sinxelo, tal e como o explican no propio digalego.com:
    http://digalego.com/diccionario/Html/ferramentas_para_webmasters.htm

    Resumese a facer unha chamada ao Javascript que xestiona o asunto…

  5. OK, Grazas! Haberá que poñelo :-)

  6. Nice post. I study something on different blogs everyday. It can at all times be stimulating to read content material from other writers and follow a bit of something from their blog.

Deixa una resposta a María L Cancelar a resposta

Required fields are marked *.