tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Dirección asistida

Hai pouco preguntoume alguén en clase como funciona a dirección asistida. Como respondín un pouco polo aire vou intentar contárvolo cun pouquiño máis de detalle.

A dirección:

En primeiro lugar hai que saber como funciona a dirección: Ao xirar o volante, mediante o mecanismo piñón-cremalleira conseguimos desprazar unha barra dentada, que fará xirar ás rodas. Podédelo ver nesta animación flash de autoescuela.tv (aproveitade para ver nesta páxina o funcionamento doutras partes dun vehículo)


[Animación flash de autoescuela.tv]

Agora o que necesitamos é algún sistema que nos axude a facer este movemento reducindo o esforzo que teñamos que facer ao mover o volante. Principalmente temos dous sistemas: oleohidráulico e eléctrico, que van a actuar sobre a barra que ten a cremalleira, desprazándoa horizontalmente.

O sistema hidráulico:

O sistema hidráulico ou oleohidráulico consiste nun cilindro de dobre efecto acoplado á barra da cremalleira. Segundo sexa o xiro do volante, unha válvula rotativa conduce o aceite ao cilindro facendo mover o pistón nun sentido ou no contrario.

Neste fragmento do vídeo (do minuto 3:20 ata o 4:39) explícannos como funciona:


[youtube: PFC Roberto Isasa. Direccion asistida de cremallera. Part 1/2]

O sistema electromecánico:

O sistema electromecánico consiste en acoplar un novo piñón á cremalleira, pero esta vez movido por un motor eléctrico.

lectromec-funcion-esq.jpg

Necesitamos uns sensores que nos indiquen como son as condicións do entorno, e unha unidade de control que procese os datos e lle dea ás ordes ao motor.

Entre os sensores atopamos o sensor de ángulo de dirección, que detecta os graos que xira o volante, e o sensor de par de dirección, que mide o par de forza exercido.
Tamén se teñen en conta outros datos coma, por exemplo, a velocidade de marcha do vehículo, xa que necesitamos máis axuda a baixas velocidades.

En función dos sinais de entrada procedentes dos sensores, a unidade de control calcula as necesidades momentáneas de servoasistencia para a dirección, e calcula para cada instante a intensidade de corrente excitadora do motor eléctrico.

Neste vídeo explican de forma moi completa como funciona a dirección asistida electricamente:


[youtube: Direccion Asistida Electricamente EPS (Electrical Powered Steering) ]

Máis información:


Deixa unha resposta

Required fields are marked *.