Docuciencia: Documentais de ciencia e tecnoloxía

Hai tempo que tiña pensado falarvos de docuciencia, pero xa que acaban de convocar un concurso polo seu primeiro aniversario aproveito agora para participar.

docuciencia.gif

Docuciencia ofrécenos unha recompilación de vídeos de ciencia e tecnoloxía, nas categorías de astronomía, bioloxía, física, tecnoloxía e pensamento crítico.

Como non podería ser doutro xeito, dende aquí recomendo a categoría de Tecnoloxía. Parece que é a menos completa de todas, así que anímoos a que non se esquezan dela e que a vaian ampliando pouco a pouco, e contribuír así a achegar tamén a tecnoloxía e a enxeñería a poboación.

Dádevos unha volta por Docuciencia. Seguro que atopades documentais moi interesantes.


Deixa un comentario