tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Edificios contra terremotos

Andamos expectantes ante os acontecementos derivados do terremoto de onte en Xapón, especialmente ante o que suceda coas centrais nucleares, pero neste post imos centrarnos nas estruturas antisísmicas.

A pesar da magnitude do sismo, 8.9 na escala de Richter, as consecuencias non son tan desastrosas como terían sido en calquera outro lugar do mundo, pois en Xapón as infraestruturas e edificios están moi preparados para soportar terremotos.

Mirade neste vídeo como se moven os rañaceos: (Vía @mallando)


[youtube: ????????????????????2011?3?11? ]

Para facer os edificios resistentes a terremotos existen moitos métodos. Estes son os principais:

1. Deseño

A forma dos edificios inflúe na estabilidade do mesmo. Por exemplo, unha estrutura en forma de pirámide é moito máis estable ca unha estrutura que non vai facendo máis lixeiros os pisos máis altos. Pódese ver neste vídeo:


[youtube: Earthquake engineering: Vertical Configuration Control ]

Se desexamos construír un rañaceos en forma de prisma, debemos recorrer a outros métodos que lle confiran unha maior estabilidade ante movementos bruscos do terreo.

2. Illamento da base

Trátase de illar o edificio do terreo, de xeito que cando a terra comece a vibrar trasladándose horizontalmente o edificio quede na súa posición inicial sen moverse.

  • Método LRB (Lead Rubber Bearing, illador de goma con núcleo de chumbo)


[youtube: LBRtest ]

  • Método de Péndulos

Consiste en apoiar os piares sobre unhas pezas que se desprazan sobre unha superficie cóncava. O edificio mantense estable aínda que se mova a base.


[Animación flash de earthquakeprotection.com]


[youtube: Hybrid Simulation of Base Isolated Structures]

  • Método do colchón de aire

[actualización 04/03/2012. Vía: alt1040] O sistema utiliza unha rede se sensores, un compresor de aire e unha cámara de aire entre a base da edificación e o terreo de maneira que, se se produce un terremoto e os sensores detectan a sacudida, o compresor de aire actívase e enche a cámara entre a edificación e o chan, elevando esta pouco máis de 3 centímetros e illándoa das sacudidas.


[youtube: airdanshin]

3. Disipadores de enerxía

Consiste en intentar mitigar os efectos das ondas que entran na estrutura. Hai moitas formas de facelo.

Consiste en instalar un enorme péndulo no interior do rañaceos que contrarresta as vibracións na parte máis alta ao desprazarse en sentido contrario ao movemento do edificio. Tes máis información en Microsiervos.

taipei-101-mass-dumper.png800px-Tuned_mass_damper_-_Taipei_101_-_Wikimania_2007_0224.jpg

Outro modelo pódelo ver neste vídeo. Unha gran masa colocada na parte superior do edificio móvese ao producirse un terremoto, absorbendo parte da súa enerxía.

[youtube: Jardínes de Infante, Disipadores Sísmicos]

  • Disipadores friccionantes

Disipan a enerxía mediante as forzas de fricción que aparecen co desprazamento relativo entre dúas placas en contacto. Ao liberarse a enerxía por fricción evitamos que se propague pola estrutura.

  • Disipadores viscoelásticos

Funcionan de xeito similar aos amortecedores dos automóbiles. Disipan a enerxía por medio das deformacións inducidas nun pistón nunha substancia altamente viscosa.

disipador_viscoelastico.png

4. Sistemas activos

Son sistemas de control que constan de sensores que miden as excitacións externas que sofre a estrutura, dun sistema de control que procesa en tempo real a información que lle chega dos sensores, calculando as forzas de control necesarias para estabilizar a estrutura, e finalmente duns actuadores que xeran as forzas necesarias para contrarrestar os movementos sísmicos. Para saber máis podes visitar Controlling Buildings.

sist_control_terremotos.png

Desde logo que a tecnoloxía aplicada á construción fixo que se salvasen moitas vidas.

Se queres saber máis sobre isto vai a facingyconst.blogspot.com


8 Comments

  1. Gracias por esta información. He puesto el enlace en el Libro Virtual del blog “Mi clase de infantil”, estamos estudiando terremotos, maremotos, etc.
    Saludos, Ana María.

  2. Gracias a ti, Ana María, por enlazarla

  3. Pingback: Por que algúns edificios non se caen cós terremostos? | vaideplastica

  4. Pingback: Estructures resistents als terratrèmols « TecnoBlog

  5. María , como sempre, o teu traballo é moi valioso

  6. Grazas Paz, alégrome de que che resulte útil.

  7. Muy buena informacion! solo que medio traducia las palabras! ,me pueden decir que idioma es para tratar de traducirlo mejor porfis! y muchas gracias por su aportacion!

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.