Electricidade

tecnoloxia.org

Circuíto paralelo

circuíto con lámpadas en paraleloNun circuíto en paralelo os receptores conéctanse como podes ver nas seguintes imaxes: (Fai clic para pechar os interruptores e dobre clic para abrilos)
circuito_paralelo1 circuito_paralelo2

Son independentes

Cando conectabamos os compoñentes en serie estes non se podían acender e apagar por separado, senón que funcionaban todos ao mesmo tempo, pero conectándoos en paralelo podes acendelos e apagalos de xeito independente.

Resistencia e intensidade:

Conectando os compoñentes deste xeito non aumentamos a resistencia do circuíto, polo que a intensidade que circula por cada compoñente non varía. Todos os compoñentes funcionarán ben.

Lembra que cando conectabamos varias lámpadas en serie viamos que aumentaba a resistencia, diminuía a intensidade, e alumeaban menos.

Observa no amperímetro a intensidade que circula por cada lámpada segundo a maneira de conectalas, nun circuíto simple, en serie ou en paralelo. (Fai clic para pechar os interruptores e dobre clic para abrilos)
circuito_paralelo3 circuito_paralelo4 circuito_serie6

O circuíto en paralelo ten un inconveniente: a pila gástase máis ca no circuíto serie.

Compoñente fundido

Se un dos compoñentes se funde ou se desconecta, o resto segue funcionando. (Fai clic para pechar os interruptores e dobre clic para abrilos)
circuíto en paralelo con lámpada fundida circuíto en paralelo con lámpada fundida

 



     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.