É un circuíto no que se combinan conexións en serie e en paralelo. (Fai clic para pechar o interruptor e dobre clic para abrilo)
Intensidade:
Non todas as lámpadas van alumear igual. A que está en serie será a que máis alumee, xa que por ela circula toda a intensidade. Ao chegar á bifurcación a intensidade divídese en dous, unha parte para cada lámpada que está en paralelo, polo que alumearán menos. (Fai clic para pechar o interruptor e dobre clic para abrilo)