Medida de diferenzas de potencial

voltímetro (símbolo)Voltímetro

  1. Conecta a punta negra en COM e a vermella en VΩHz
  2. Comproba que no polímetro está seleccionada a corrente continua (DC)
  3. Sitúa o selector (roda) na zona de medida de voltaxe en corrente continua (VCC ) no valor de 20V. Se ao medir sae un 1 na pantalla é que hai sobrecarga. Sobe a escala.
    selectro polímetromedida da tensión
  4. Para medir unha diferencia de potencial sitúase o polímetro en paralelo co compoñente que queremos medir.
    circpoli1 circpoli2
  5. A punta de proba vermella ten que ir ao polo positivo e a punta negra ao negativo. Se a medida sae negativa é que están colocadas ao revés.
    puntas de probamedida de voltaxe en pilas

 

 


Deixa un comentario