Electricidade

tecnoloxia.org

Deseño de circuítos

Cómpre que aprendas a deseñar os teus propios circuítos para adaptalos aos teus proxectos, xa que non sempre chos van dar feitos. Resulta moi útil utilizar un simulador de circuítos eléctricos para probar o seu funcionamento antes de facer a montaxe real.

A idea:

Por exemplo, para o seguinte proxecto de mecanismos de 2º de ESO os compoñentes do grupo querían que:

  • Cando o semáforo está en vermello a moto está parada
  • Cando o semáforo ponse en verde a moto empeza a moverse accionada mediante un sistema leva-seguidor
  • Ademais, incorpórase unha lámpada na casa cuxo funcionamento é independente do que fagan o semáforo e a moto.
moto

Deseño e simulación:

circuítoMediante o simulador crocodrile technology deseñamos o circuíto:

  1. Para controlar o semáforo utilizamos un conmutador. O LED vermello colocámolo nunha posición e o verde na outra. Como imos utilizar unha pila de 4,5 voltios conectamos unha resistencia de 100 ohmios en serie con cada LED.
  2. Queremos que o motor se mova cando o LED verde estea aceso, así que conectámolo en paralelo con el.
  3. Probamos o circuíto conectando unha pila e o interruptor xeral.
  4. Por último conectamos a lámpada co seu interruptor. Debemos conectala en paralelo con todo o anterior para que funcione de xeito independente.

Montaxe:

Cando xa comprobamos que o circuíto funciona, facemos unha planificación do cableado real. Fai un debuxo coa posición dos compoñentes no prototipo e debuxa a conexión dos cables. Isto axudarache a facer o circuíto real no teu prototipo.

cableado

Debes colocar os cables ordenados e non facer unha maraña xa que se hai algún fallo poderemos revisalo sen facernos un lío.



     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.