Luces de cores

disco con filtrosCon este dispositivo, ao acender a lámpada e o motor consegues que a luz cambie de cor.

Fai un disco con catro buratos grandes como o da figura utilizando cartón duro ou madeira de marquetería, e pega papel celofán de diferentes cores, que fan de filtros de luz.

Logo fai a montaxe do debuxo: un motor move unha polea que fai xirar o disco de filtros de cores. A lámpada emite a luz que atravesa cada filtro.

luces de cores cambiantes

Antes de montar o circuíto debuxa o cableado sobre papel, así liaraste menos ao facer a montaxe (imprimir pdf)

esquema eléctrico

Se queres, podes utilizar unha caixa de cartón como soporte. Tamén podes engadir unha manivela á polea para poder desconectar o motor e accionar o mecanismo manualmente.

Se ves que a polea se move moi rápido engádelle unha redutora de velocidade.

 

 


Deixa un comentario