Circuíto inversor de xiro con parada automática
Podemos utilizalo para múltiples proxectos: Unha ponte levadiza, un ascensor, a barreira dun parking, ou o que se che ocorra.
Por exemplo, para construír unha ponte levadiza, despois de deseñar a estrutura e mecanismo da ponte, deberás incluír un circuíto de control.
Para o control da subida e baixada da plataforma utiliza un circuíto inversor de xiro do motor e inclúe dous finais de carreira conectados na posición de normalmente pechados, tal e como se ve no esquema eléctrico seguinte. Cando a plataforma preme neles córtase o paso da corrente obrigando ao motor a deterse ata que o conmutador cambie de posición.
Podes engadirlle máis compoñentes:
- Incorpora un semáforo na estrada que dá á ponte que marque vermello cando a plataforma está subida ou en movemento, e verde cando está baixada. Deseña o circuíto axudándote dun simulador.
- Incorpora indicadores luminosos para a subida e a baixada. Ao subir a plataforma débese acender un led que indique subida, e ao baixar débese acender un LED que indique baixada. Deseña o circuíto axudándote dun simulador.