Circuíto serie

circuíto serie

É un circuíto no que conectamos varios receptores un despois doutro, tal e como se mostra na figura. (Fai clic no interruptor para pechalo)
circuito_serie1

Onde coloco o interruptor?

Dá igual a posición do interruptor, pódelo poñer onde queiras. A súa función é abrir o circuíto e cortar o paso da corrente, e isto pódeo facer en calquera punto do circuíto.(Fai clic nos interruptores para comprobar que funciona)
circuito_serie2 circuito_serie4 circuito_serie3

Non son independentes

Ademais, vanse acender ou apagar tódolos compoñentes ao mesmo tempo. Non podes acendelos e apagalos de xeito independente.

Máis resistencia, menos intensidade

Cando conectamos moitas lámpadas en serie nun circuíto estamos aumentando a resistencia do mesmo, é dicir, ós electróns resúltalles máis difícil circular e, polo tanto, a intensidade é menor.

Polo tanto, non conectes moitos receptores en serie, porque van funcionar mal: as lámpadas alumearán menos, os motores xirarán máis amodo e os zoadores soarán menos.
circuito19 circuito17 circuito18

Compoñente fundido

Ten outro inconveniente: Se un dos compoñentes se funde ou se desconecta, o resto deixa de funcionar, xa que se abre o circuíto e deixa de circular a corrente. Ou funcionan tódolos receptores á vez ou non funciona ningún.
(Fai clic para pechar os interruptores, e fai dobre clic para abrilos)
circuito_serie5 circuíto serie con lámpada fundida

 

 


Deixa un comentario