Un mundo sen electricidade?

mirando_lampadaA electricidade é un fenómeno natural, un fenómeno físico, pero grazas á tecnoloxía as persoas somos capaces de xerala e aproveitala para innumerables aplicacións. Pensa e tódolos obxectos que se usan acotío nas vivendas, e tamén nas fábricas e centros de traballo. Atoparás multitude de obxectos, aparellos e sistemas que dependen directa ou indirectamente da electricidade.

Imaxínaste un mundo sen electricidade?

Escribe a continuación, nos comentarios, a túa redacción sobre un mundo sen electricidade.


13 comentarios en “Un mundo sen electricidade?”

  1. Recupero nesta mensaxe algunhas das redaccións almacenadas na antiga base de datos:

    Lucía Losada (3ºPDC) de Baiona

    Hoxe, ó espertar, deime de conta de que non había electricidade. Era todo un desastre: non funcionaba nada, para ter luz, tiña que andar con lanternas alumeando, para lavarme tiña que usar auga embotellada. Para secar o pelo non podía usar o secador. Tampouco podía pranchar, nin gardar cousas na neveira, nin no conxelador… porque se estraga todo. Non podía ver a televisión, nin escoitar a radio…
    Cando fun saír coa bicicleta, non podía porque o portal estaba atoado, porque non había electricidade.
    Non se pode facer nada sen a electricidade.

    Daniel Martínez (3ºPDC) de Oia

    Un mundo sen electricidade para min seria moi difícil de imaxinar porque tarefas que, a dia de hoxe, nos parecen doadas, como por exemplo facer a comida, bañarse etc. serian moi complicadas. Habería que ir bañarse ós ríos e nos mesmos ríos tamén se había de lavar a roupa. Os pasatempos que teñen agora os rapaces como xogar á consola, ver a televisión, xogar no ordenador, xa practicamente nin existirían e xogaríase á pita, ás agachadas, ó fútbol, baloncesto etc, o cal non sería malo de todo.
    Outro problema serían os medios de comunicación porque os teléfonos non existirían e habería que contarse as cousas por medio de cartas.
    Un mundo sen electricidade sería moi diferente do que agora mesmo existe.

    Diego Vázquez Valerio de Narón

    A electricidade e necesaria para todo o mundo, porque un mundo sen electricidade e un mundo frío, sen luz, sen ordenador, sen televisión, sen consolas… Sería un mundo triste.

    Clara y Nerea de Narón

    Un día sen electricidade estariamos a escuras pola noite e de dia habería que aproveitar a luz do Sol. Habería que cociñar con lume e non con cociña . Habería que vestir con peles e cazar animais . Teriamos que vivir como fai 1000 anos . Non poderiamos utilizar nin o móbil nin o ordenador nin o televisor. Teriamos que lavar a roupa a man e non coa a lavadora. Teriamos que alumarmos con candeas e non con lámpadas.

    Alba Pérez Aldreyde Narón

    A electricidade é moi importante xa que nun mundo sen electricidade teriamos que traballar moito porque non habería lavalouzas, lavadoras, aspiradora…e cando quixésemos descansar non habería tele,dvd…se nos entrara a fame é verdade que poderiamos comer pero non habería fornos microondas…para nós un mundo sen electricidade sería difícil xa que agora hai miles de cousas eléctricas e non poderíamos vivir sen elas.

    Responder
  2. O mundo sen electricidade non sería como e hoxe en día, xa que non habería moitos dos avances que hai nin tampouco se poderian crear outros avances. De noite non se veria nada so un pouco polo que alumbra a lua. Todos os aparellos que funcionan con electricidade non existirian.

    Responder
  3. o mundo non seria o mesmo xa que moitas das cousas q usamos dia a dia non funcionarian. Eu creo que se electricidade non viviriamos. A electricidade e algo fundamental na vida e ademais sen electricidade non se poderian facer novos avances.

    Responder
  4. Un mundo sen electricidade sería un mundo oscuro porque non habería con que iluminar as rúas, por exemplo.
    Os días de choiva teriamos que pasalos aburridos na casa, xa que non poderiamos salir e dentro da casa non habería nada co que pasar o tempo, xa que practicamente todos os aparellos funcionan con electricidade.

    Responder

Deixa una resposta a Eloy Castro Deus Cancelar a resposta