Un microinterruptor ou final de carreira é un compoñente que se acciona mediante unha panca empurrada por un elemento en movemento.
Segundo a forma de conectalo, pode comportarse como conmutador ou como pulsador, podendo seleccionar a posición inicial como normalmente aberta (NO) ou normalmente pechada (NC).
Os símbolos que utilizaremos serán os mesmos que os do conmutador e pulsadores, pero debemos indicar no circuíto que se trata de finais de carreira.
Microinterruptor![]() |
![]() conexión como conmutador |
![]() conexión como interruptor NA |
![]() conexión como interruptor NC |
Para realizar as montaxes prácticas, debes identificar as patillas do microinterruptor. A pata que está más preto do apoio da panca é o común, que se debe conectar sempre. A do medio é a normalmente aberta, e a última é a normalmente pechada.
Circuíto inversor de xiro dun motor con parada automática
O seguinte circuíto pode servir, por exemplo para facer un ascensor, a porta dun garaxe ou unha ponte levadiza. Ó chegar ó final do percorrido, tanto nun sentido como noutro, o motor para automaticamente grazas á introdución dos finais de carreira.