Un pulsador permite abrir ou pechar o circuíto só mentres esteamos actuando sobre el. Cando deixamos de premer volve á súa posición inicial.
Pulsador normalmente aberto (NA):
No estado de repouso o circuíto está aberto, e péchase cando se preme.
Por exemplo, utilízase para facer soar un zoador, tal e como aparece no circuíto da figura.
Fai clic na imaxe para actuar sobre o pulsador.
Pulsador normalmente pechado (NC):
No estado de repouso o circuíto permanece pechado, e ábrese cando se preme.
Fai clic na imaxe para actuar sobre o pulsador.
Por exemplo, utilízase para acender a lámpada interior dun armario ou do maleteiro do coche. Cando a porta do armario está pechada o pulsador está accionado e a lámpada atópase apagada. Cando abrimos a porta, o pulsador volve ó seu estado de repouso, que é normalmente pechado, e a lámpada acéndese.