Un relé é un interruptor automático controlado pola electricidade. Os relés permiten abrir ou cerrar circuítos eléctricos sen a intervención humana.
O relé é o elemento que dá a orde de que funcione o motor dunha porta automática, as luces dun semáforo, o motor dun ascensor, e multitude de sistemas automáticos.
Funcionamento:
Cando se fai pasar corrente eléctrica a través da bobina ou electroimán, este xera un campo magnético ao seu redor, e atrae a armadura que, co seu movemento, fai que os contactos cambien de posición.
Desta maneira estamos actuando sobre un conmutador por medio da corrente eléctrica, sen contacto físico.
Símbolos:
O símbolo do relé varía en función do número de contactos que teña. Pode ser un interruptor, un conmutador unipolar, un conmutador dobre ou bipolar, …
Bobina |
relé con conmutador unipolar |
relé con conmutador bipolar |
Circuítos:
O relé permítenos unir circuítos diferentes.
O circuíto onde conectamos a bobina chámase circuíto de control, e o circuíto ao que se conectan os contactos é o circuíto de potencia. Desta maneira podo utilizar como circuíto de control un circuíto que funciona a 6 V de corrente continua para operar sobre un circuíto que funcione a 220V de corrente alterna. Se non existira o relé non poderiamos facer iso.
Fai clic na imaxe para accionar o relé. Un dobre clic fai que volva á posición de partida.
Circuíto de enganche ou encravamento:
Cando accionamos un circuíto mediante un pulsador, o circuíto só estará activado mentres teñamos o dedo sobre o botón. Sen embargo en moitos circuítos de control necesitamos que o circuíto quede activado despois de soltar o pulsador (imaxínate subir nun ascensor co dedo no botón, e que se o quitas o ascensor párase). Para solucionar iso o que facemos é conectar un relé de enganche:
Fai clic no pulsador NA para activar o relé. A lámpada queda acesa despois de soltar o pulsador. Fai clic no pulsador NC para eliminar o encravamento.